martes, 12 de junio de 2007

Outra saga de Wes Craven.


Advirto que o contido deste post pode dañar seriamente o seu criterio cinematográfico ou saúde audiovisual, este texto non esta redactado por un titulado na materia. Consulte co seu crítico de cabeceira antes de facer esta inxestión.
Unha vez aclarado esto, comento á miña escasa audiencia que o luns fun a ver El retorno de los malditos sen saber moi ben que iba a atopar, aínda que un amigo advertíume que era a 2ª parte de "Las colinas tienen ojos" información que me deixou como estaba pero que me soaba a película de terror...Pois así é "El retorno de los malditos" é a secuela dese título o que obviamente significa que fixo cartos e que seguisen procurando explotar a idea. A idea precisamente é obra de Wes Craven , autor dun dos mitos máis importantes deste xénero na actualidade: Freddy Krugger e a súa afiada man que rachaba o soño dos adolescentes en Elm Street. Wes Craven, para min foi o precursor dun xénero onde o terror, o humor negro e certo morbo erótico se mesturaban con intelixencia e ironia, fórmula que con diferente estilo seguiria con outra saga influínte: Scream. En "El retorno de los malditos" tamén se destilan varios xéneros na coctelera, tendencia moi acusada no cinema norteamericano, por un lado está a ciencia-ficción e os sinistros experimentos do exército no sector 16, por outro lado hai algo de zombies, agás no concepto primario de que estes monstruos están vivos non son mortos vivintes aínda que o maquillador éche da mesma escola, non deberiamos esquecer un pequeno "homenaxe" á Matanza de Texas, na cociña das catacumbas onde os productos da matanza están a salar ou a curar (vai ti a saber), na estructura familiar dos estraños mutantes, etc, todo esta receita, aliñada cunhas pingas do humor negro máis wescraveniano...unha serie-B máis? Ben si e non, hai toques orixinais como o plantexamento deste torpe pelotón da Garda Nacional, o ritmo trepidante e áxil, poucas chorradas nos diálogos e a honestidade dunha peli que non pretende outra cousa que puro entretemento ben rápido a ritmo de sanguinolentos flocos de millo.

1 comentario:

O pastor eléctrico dijo...

Eu son pro-wes craven. Encántame ese regusto de serie B que teñen todos os seus filmes. Vin este ano Cigarrette Burns, unha curta de 20" que é un bo reflexo do cinema do bo de Wes.

Archivo del blog