miércoles, 6 de junio de 2007

Parolando


Retomando o podcast de RadioValadouro, agora tócalle o turno a Parolando, un programa que se emite en directo cada xoves sobre as 21:30. A dirección e guión corre a cargO de Pepe Peinó, personaxe polifacético que ademais é director de curtametraxes, actor de teatro, escritor dramaturgo, coautor de estudos etnográficos, etc. Este programa foi un verdadeiro luxo para unha radio municipal pola súa contribución e dinamización social. Algúns dos temas tratados foron a realidade dos discapacitados, o futuro da mocidade, a seguridade vial, os vellos músicos do val, a situación laboral da muller ou a inmigración e convivencia das distintas etnias e culturas que será o que poñamos no post.
Moita xente da Mariña lucense se achegou ós micrófonos de RadioValadouro para dar a súa contribución a un espazo plural de opinión. Neste caso concreto, xente como Antonina (caboverdiana), Mohamed (marroquí), Juana (venezolana) e Juan (cubano) contáronnos a súa experiencia de ser emigrantes na nosa terra. Como xa dixen Pepe Peinó, Cachín e todo o equipo, traballaron na costrucción de pontes de tolerancia e igualdade para facer un mundo mellor.



1 comentario:

Xoán dijo...

Hai moita xente interesante ao noso redor e sempre arredor dese micrófono. Saúdos

Archivo del blog