viernes, 13 de julio de 2007

Día Grande da Cultura no Valadouro


O pasado 8 de xullo foi un día de alta intensidade cultural no Valadouro. A AELG fixo unha homenaxe ó noso mito vivo, Manuel Lourenzo que foi glosado xustamente nas fermosas liñas da laudatio de Henrique Rabuñal:
Leva case medio século sendo carne e mente lúcida do teatro galego desde todas as posicións. O teatro que el profesa e predica permítenos gozar da escrita, da recepción e da profunda creatividade que encerra o xogo dramático.
O descubrimento dunha pedra escultórica,a plantación dun érbedo, árbore simbólica do autor e o nomeamento da Casa da Cultura co seu nome, foron varios dos actos dese día memorabel na historia do Valadouro.
Pola tarde a Liga Céltiga Galaica organizou uns econtros para o debate sobre a emigración e o retorno dos emigrados, xornada na que salientou a autorizada voz de Miguel Vila, xornalista sobradamente coñecido na rede cun dos blogues máis visitados en Galicia (do que pouco poido dicir eu neste humilde espazo). El mesmo foi fillo da emigración, concretamente en Cuba, e que nos falou entre outras cousas da "Sociedad Valle de Oro" institución filantrópica que axudaba a mellorar as condicións de vida dos seus paisanos no val e dos mesmos galegos en Cuba.
Non sería mala cousa seguir o consello de Miguel sobre a axuda ós que nos axudaron no pasado.
Deixovos unha gravación da exposición de Miguel Vila na que tedes que perdoar os problemas de son pero que é unha valiosa testemuña da xornada Os Berces da Orixe

No hay comentarios:

Archivo del blog