lunes, 15 de octubre de 2007

Black Ladies e Uwe Ommer

Estaba lendo a edición dixital de El Pais cando vin unha reportaxe de Uwe Ommer con motivo da preparación do seu orixinal e aparentemente preguizoso proxecto "Do it yourself". O fotógrafo alemán é dos mellores retratistas da beleza da muller universal e con gran perspicacia decidiu concederlles a elas a iniciativa de fotografiarse a si mesmas, o que orixinou unha galería de imaxes atrevidas, sensuais e orixinais, ademais de interesantes reflexións sobre as opcións comúns que escolleron estas damas retratadas a si mesmas.
Hai máis dun ano comprei o libro de Uwe Ommer Black Ladies que igual que o proxecto referido edita Taschen e que consagra a devoción, que comparto, do fotógrafo pola beleza da muller africana. A escritora camerunesa Calixthe Beyala escribe no prefacio desta obra: (...) "Pensei na mulher negra, fresco da terra, forma ardente, terno odor do original e as lembranças escondidas brincavam dentro de mim como em pradarias selvagens
Traição? Eu traidora? Porque volto a descobrir-me, Mulher africana neste extraordinário arranjo de beleza e de poder, de doçura e de graça? Escrevi e escrevo. Escrevo palavras indefinidas, sensações delicadas, ódios inéditos, amores inconfessados. Mas nestes escritos, tão escritos que grito, descobri reflejos de min, através dos espelhos de un fotógrafo, que escreve a Mulher africana, através de outras luzes" Estaba lembrándome de purezas e mesturas...deixando de lado preconceptos, complexos e mala conciencias disfrazadas de pensamento occidental progresista que propugna a necesaria mestura de razas para vencer a intolerancia...quen se atreveria dicirlle a estas Black Ladies que se mesturaran de xeito obrigado, non é fermosa abondo a pureza da súa raza negra? Claro, decíano noutro sentido que obviamente ven a ser o mesmo. Mellor defendamos a convivencia e libre mestura cando o ser humano decida como sempre fixo pese a leis, culturas e prexuizos.

No hay comentarios:

Archivo del blog