lunes, 3 de diciembre de 2007

Ciber-Ficcións

Imaxinade que a arte tivese tanta importancia social como a música e que a xente levase artpods para visionar ós seus artistas favoritos, un flickr onde a xente subira fotos de cadros, esculturas, debuxos...de forma masiva. Pensade nunhas redes sociais onde os usuarios se agruparan por tendencias pictóricas ou a xente nova asistira a galerías, museos ou exposicións tanto como a concertos musicais ou espectáculos deportivos. Un mundo onde o lecer social non se entendera sen a arte electrónica ou existisen comunidades ou widgets desta temática para insertar nos blogues. Un planeta onde Duchamp, Basquiat ou Haring fosen auténticos idolos de masas...

1 comentario:

O pastor eléctrico dijo...

Temos un mundo semellante. Namentres non o destrúan.

Archivo del blog