sábado, 24 de mayo de 2008

golpes marabillosos


A Billarda hospedou a Valadouro na súa itinerancia deportiva polo norte de Galicia, si, a billarda elixiu o val para facer resoar o golpes de madeira na procura do seu hoco no lecer dos galegos. O traballo do "staff" billardeiro no propósito de estender este xogo tradicional é exemplar e maís cando no conta polo momento con comercios ou patrocinios comerciais ou administrativos.
Achegueime a pista do colexio coa curiosidade e os prexuizos típicos da ignorancia, imaxinando que este xogo era un pasatempo sobrevalorado en movementos culturais e sociais como o blogomillo dunha Galicia reivindicativa do autóctono, tradicional e popular, todo envolto nun ambiente festivo de humor retranqueiro e estética ao estilo bravú que podedes ver por aqui . A pé de cancha aprecias un deporte verdadeiramente senlleiro en canto as esixencias, condicións da práctica e afectos do público.
Non se precisa ser especialmente forte nin veloz, non se require un físico privilexiado nin se rexeita un inferior que te descarte de inicio. Non marxina a individuos por ter idade avanzada, podendo ser figura dos vinte aos sesenta anos, tampouco se discrimina ás mulleres que poden darlle co palán tan virtuosamente como os varóns.
Falando doutros conceptos, a súa práctica non obriga a un dispendio económico sendo as súas ferramentas sinxelas pezas de madeira.
Non hai un regulamento complexo ou polémico nin árbitros os que culpabilizar ou inxuriar.
É pola tanto unha disciplina democrática, igualitaria e entretida nun ambiente de convivencia amistosa que remata coa merenda familiar destes amigos billardeiros. Non sei se unha vez vencida a ignorancia podo asumir o lema voluntarista: outro deporte é posible...e engadiría unha posdata: outros deportes son posibles...co espírito da Billarda

1 comentario:

tangaranho dijo...

Pois homem, sim...a verdade é que desportos como a bilharda ou a chave, havia que começar a pensar em investir esforços sérios por revitalizá-los. Igual que noutros países também se fixo por recuperar os desportos populares.

Archivo del blog