domingo, 22 de marzo de 2009

Vaia parrulo!!



A través de caborian, coñecín a divertidísima tira cómica What the Duck creada polo debuxante norteamericano Aaron Johnson. What de Duck é especialmente gracioso se compartes, como os seus seguidores, a paixón pola fotografía. Comunidades, blogues e fans engaden esta tira admirada que explota un humor cínico, sarcástico, cruel sobre os mitos, principios e tópicos do mundo dos fotográfos. As historias artéllanse en tres cadros onde a gag simple, directo e conciso estoupa nun flash de realidade que deixa evidente toda a verdade espida e dolorosa. O amor/odio da parafernalia tecnolóxica, as relacións do fotógrafo cos colegas e co cliente, os iniciados...se autorretratan con esa luz reveladora que traduce a hipocresia, as falsas apariencias e os dogmatismos en simple e ruda verdade como sinala Alan Gardner no review de WTD en The Daily Cartoonist. O pato voa alto a nivel USA desde que asinou un contrato para a distribución estatal, e xa se inclúe en revistas e xornais fora do ámbito fotográfico e tecnolóxico.
Eu pola miña parte ousei traducilo ao galego porque as regras do Pato teñen aplicación universal.

No hay comentarios:

Archivo del blog