sábado, 20 de noviembre de 2010

A cien amigos les gusta tu post


Aqui escribes o contido, así dice a liña de código e é realmente certo, o contido creativo, completo, conclusivo precisa do que adoitabamos chamar post. A sucesión vertixinosa da comunicación dixital fixo obsoleto esta forma de autopublicación independente e libre. Os blogues que acostumaba a ler varan nunha eterna maré baixa como dornas esqueléticas en espera dun e-calafate. Onde está o dono? Marchou para a lonxa do Facebook, din que alí lle fai o mesmo...¡mentira! Ninguén postea no Matrix de Zukerberg. Inscribes un pensamento doméstico ou ocurrente, compartes cousas puntuais que problamente tamén tuitees. Dis que tes unha resaca do quince, que odias as pelusas e as katiuskas de marca, que compartes a causa mapuche e que me gusta/me disgusta o licorca con/sen xeo. Pero sobre todo laretas e fisgas dos veciños e dos veciños dos veciños e de nai que pariu a privacidade da hot e do truño. Enteráste que tal lle que queda o bikini a Elena nas Cíes ou o baile rídiculo que fixo un Suso bébedo na última voda...Sae pegado no muro a relación de fulana con...¿ese paiaso??? ou un discreto e alentador: fulana é solteira en tempo real.
Por suposto non saúdas na rúa á metade de "amigos" agregados porque nunca me caeron ben, a verdade, pero é mellor que non se enteren (é algo do buenismo feisbukiano, había máis combate-flame no blogueo clásico).
Reducimos o pensamento a sandwich compactados, abusamos do hiperligazón e cambiamos unha reflexión que che leve unha hora por mensaxes por minuto sacados das bolachas da fortuna.
Pero pode que aínda se poida miniaturizar máis a mensaxe, pode chegar a ser canso a actualización do Face e facer encaixe con 140 caracteres. A seguinte evolución pode ser inserir mensaxes que se publiquen simultaneamente en todas as plataformas coñecidas e ter un tío do MundoReal™ que leve o recado para o taboleiro da praza pública.
E podíase volver ao XIX onde Ana Karenina e Vronski envíanse SMS pero chamábano esquelas e ata podían facer unha perdida...
Parececía un mundo moi sofisticado e complexo e só queda Google para buscar, Wikipedia para saber e Facebook e Twitter para SER...
Volvede ás dornas, porfa, polo menos de cando en vez...

3 comentarios:

besbe dijo...

ando mirando a madeira da que facer unha nova dorna, bótase de menos o mar

Sak dijo...

Absolutamente de acordo e absolutamente certeira esta entrada!!

Non sei en números relativos, que supoño que baixaría un bocado, mais en termos absolutos, o peirao blogueiro asegúrolle que está ateigado de dornas, chanalas e botes de todo tipo!

E as áncoras facebokeiras e tuiteiras están sendo elevadas de vagar, probablemente na busca da compatibilidade. Os bos tempos nunca marcharon.

Cris dijo...

a min ségueme a gustar lerte, nades no mar que nades. bicos. clara martin.

Archivo del blog