jueves, 13 de marzo de 2014

Papel cor pel 2

info ao pasar o rato sobre a imaxe
...e seguimos coa celebrada entrada de espid@s en cadriños. Póñanse de pé que aqui ven o mestre do cómic erótico, un dos mellores debuxantes do corpo da muller (e excepcionalmente tamén do varón)
Si, adiviñarono, ansioso público: Milo Manara. O italiano tan un talento especial para representar mulleres fermosas, cunha liña limpa, sinxela e a vez sofisticada, propoñendo en cada viñeta un toque de luz e volume segundo as necesidades. O equilibrio das formas, ese auténtico canon Manara, onde modela un arquetipo de muller que parece un desexo perfecto e sensual. As poses sempre mesturan armonía, feminidade  en calquera momento da acción da historia, da igual porque o trazado sempre debuxa unha elegancia intemporal. Pode que Manara falle máis no guión, capítulo que non abordamos aqui pero resolve con acerto cando ten un sustrato bon no que ilustrar o seu preciosista debuxo.


info ao pasar o punteiro sob a imaxe
Pasamos a un autor moi distinto, Jean Pierre Autheman, francés, un autor da BD franco-belga da que coñezo especialmente a serie Condor, traducida ao galego. Un capitán marsellés, que estivo enrolado na Marina, creo lembrar...aínda que sempre se ve arrastrado sin querer a aventuras de espias, traficantes, drogas e moitas máis leas. Autheman elebora uns guións moi coidados que digamos que son historias adultas dirixidas a un público mozo. Hai un pouquiño de sexo, violencia e crime sempre empaquetado en un suave celofán moi colorista. O seu estilo é máis simple, máis minimalista e moi agradable de ver. Os espidos de mulleres digamos que son froitos de clichés recurrentes, mozas desinhibidas, neumáticas como diria Huxley que non posuén o erotismo de Manara pero que che son ben xeitosas. e cubren o seu papel neste BD noire perfectamente.
info on mouse over on a image
Si a muller espida non chama moito a atención en Autheman pola decoración da serie Condor, fixádevos o impacto que debeu ter na xerazón de púberes holandeses que puideron ler entre sabas a serie de Franka, obra de Henk Kuijpers alá polos anos 70-80. Unha heroina pelirroxa que parte dende Amsterdam a aventuras sofisticadas e trepidantes por todo o mundo. Kuijpers é membro da liña clara, ao modo que fai Tintín, recreacións moi detallistas e realistas en paisaxes, cidades, monumentos e un debuxo máis simple e dinámico nas personaxes. Pero volvendo ao lúbrico da idea, neste tipo de historias que poden ir dirixidos a un público infanto-xuvenil, (xa non falamos de Cóndor que xa tería dous rombos), imaxinade o que era atopar as liñas sensuais mesmo agochadamente eróticas que tiña a nosa heroína...buff ! tivo que ser excitante para esa audiencia menos avisada do potencial de Franka.
Pois ata a luxuriosa e última entrada dedicada ao nudismo BD...

Archivo del blog